Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38115

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ortigueira (expediente IN407A 2015/203-1).

Expediente: IN407A 2015/203-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: adecuación da LMTA Mea-827 e CT Callobre.

Concello: Ortigueira.

Características técnicas:

Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 213 m, coa orixe en empalmes proxectados para realizar na LMTS GRN-753, no tramo entre o CT nº 9 Vío (expediente 456/07) e o CT nº 10 Vío (expediente 456/07), condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en cela de liña existente do CT nº 10 Vío (expediente 456/07), logo de realizar entrada e saída no centro de seccionamento que instalará o cliente.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 4 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña