Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 29 de setembro de 2015 Páx. 38117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2015/169-1).

Expediente: IN407A 2015/169-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMTS SMR-712/ SMR-713, r/ Instituto.

Concello: Ferrol.

Características técnicas:

Liña de media tensión soterrada SMR-712, rúa Instituto, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,434 km, coa orixe en empalmes proxectados coa LMTS. SMR-712, no tramo entre a subestación de Santa Marina (expediente 18352) e o CT Instituto (expediente 11297), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al, e final en cela de liña existente no CT Instituto (expediente 11297).

Liña de media tensión soterrada SMR-713, rúa Instituto, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,434 km, coa orixe en empalmes proxectados coa LMTS. SMR-713, no tramo entre a subestación Santa Marina (expediente 18352) e o CT Estación (expediente 30326), en condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al e final en empalmes proxectado coa LMTS. SMR-713, no tramo entre a subestación de Santa Marina (expediente 18352) e o CT Estación (expediente 30326).

Desmontaxe cuádruplo circuíto para retirar liñas SMR-712 e SMR-713, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,402 km, coa orixe no apoio nº 1 de celosía metálica existente do cuádruplo circuíto que forman as liñas SMR-712, SMR-713 e outras dúas liñas sen servizo, no tramo de saída da subestación de Santa Marina (expediente 18352), condutor tipo LA-110 mm2 Al, e final no apoio nº 6 de celosía metálica existente do cuádruplo circuíto que forman as liñas SMR-712, SMR-713 e outras dúas liñas sen servizo, situado fronte ao CT Instituto (expediente 11297), alimentado pola SMR-712.

Lexislación de aplicación:

– Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 16, do 19 de xaneiro, e BOE núm. 30, do 4 de febreiro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta a esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e desta maneira dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre estes, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954 sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 4 de setembro de 2015

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2015/169-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMTS SMR-712, SMR-713, r/ Instituto.

Concello: Ferrol.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Núm.

predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos

Apoio

Afeccións

Núm.

m2

ml aéreo

ml sub.

m2 aéreo

m2

sub.

1

Casquido

Solo urbano

Descoñecido

67,0

201,0