Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37907

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2015 pola que se adhiren catro entidades financeiras ao Convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, subscrito coas sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2015).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 10 de abril de 2015, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras do programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, instrumentadas mediante Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as sociedades de garantía recíproca e as entidades financeiras adheridas (Re-solve 2015). As ditas bases foron publicadas mediante Resolución do 5 de xuño de 2015 (DOG núm. 114, do 18 de xuño).

Xunto co texto das ditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Con datas do 23 de xuño, 25 de xuño, 9 de xullo e 15 de xullo de 2015 ratifícase a adhesión das seguintes entidades financeiras: Banco de Sabadell, S.A., Targobank, S.A., Bankinter, S.A. e Caixabank, S.A., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,

RESOLVO:

Engadir as entidades financeiras Banco de Sabadell, S.A., Targobank, S.A., Bankinter, S.A. e Caixabank, S.A. á relación de entidades financeiras adheridas ao Convenio de colaboración para a habilitación dun programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pequenas e medianas empresas, asinado o 5 de xuño de 2015.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica