Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 28 de setembro de 2015 Páx. 37908

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2015 pola que se adhiren catro entidades financeiras ao Convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 euros, subscrito coas entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Programa de apoio financeiro ás pemes).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 10 de abril de 2015, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 €, instrumentadas mediante Convenio de colaboración entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca (Programa de apoio financeiro ás pemes). As ditas bases foron publicadas mediante Resolución do 5 de xuño de 2015 (DOG núm. 115, do 19 de xuño).

Xunto co texto das ditas bases publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Con datas do 23 de xuño, 25 de xuño, 2 de xullo e 9 de xullo de 2015 ratifícase a adhesión das seguintes entidades financeiras: Banco de Sabadell, S.A., Targobank, S.A., Banco de Santander, S.A. e Bankinter, S.A., polo que cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12.a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica, e do artigo 11.1.a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o Regulamento do Igape,

RESOLVO:

Engadir as entidades financeiras Banco de Sabadell, S.A., Targobank, S.A., Banco de Santander, S.A. e Bankinter, S.A. á relación de entidades financeiras adheridas ao Convenio de colaboración para a bonificación dos custos do financiamento das pequenas e medianas empresas de Galicia titulares de préstamos superiores a 25.000 €, asinado o 5 de xuño de 2015.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica