Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37795

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro

EDICTO (702/2014).

Procedemento ordinario: 702/2014

Procedemento orixe: 702/2014

Sobre outras materias

Demandante: Sofía Martínez Govin

Procuradora: María José Otero Rodríguez

Avogado: Manuel González López

Demandados: Jacqueline Marguerite Govin, Ministerio Fiscal

Eu, Ana Rodríguez Puga, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Viveiro, por este edicto,

Anuncio:

Neste procedemento ordinario 702/2014, seguido por instancia de Sofía Martínez Govin contra Jacqueline Marguerite Govin e o Ministerio Fiscal, ditouse sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza: 90/2015.

Procedemento ordinario: 702/2014.

Procedemento orixe: 702/2014.

Sobre outras materias.

Demandante: Sofía Martínez Govin.

Procuradora: María José Otero Rodríguez.

Avogado: Manuel González López.

Demandados: Jacqueline Marguerite Govin, Ministerio Fiscal.

Sentenza:

Xuíz: Pablo Muñoz Vázquez.

Data: 25 de maio de 2015.

Lugar: Viveiro.

Procedemento: xuízo ordinario 702/2014.

Demandante: Sofía Martínez Govin.

Procuradora: María José Otero Rodríguez.

Avogado: Manuel González López.

Demandados: Jacqueline Marguerite Govin e o Ministerio Fiscal.

Antecedentes de feito.

Primeiro. O día 1 de decembro de 2014, a procuradora dos tribunais María José Otero Rodríguez, en nome e representación de Sofía Martínez Govin, presentou demanda de xuízo ordinario contra Jacqueline Marguerite Govin e o Ministerio Fiscal.

Segundo. Por Decreto do 26 de decembro de 2014 admitiuse a trámite a demanda e deuse traslado desta aos demandados para que no prazo de vinte (20) días hábiles presentasen escrito de contestación á demanda, o que foi verificado polo Ministerio Fiscal en tempo e forma.

Terceiro. A audiencia previa tivo lugar o día 9 de abril de 2015.

Cuarto. A vista tivo lugar o día 21 de maio de 2015.

Resolvo que debo estimar e estimo integramente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais María José Otero Rodríguez, en nome e representación de Sofía Martínez Govin, contra Jacqueline Marguerite Govin e o Ministerio Fiscal e, por conseguinte, acordo:

Primeiro. Que Sofía Martínez Govin é a única herdeira ab intestato de Benigno Martínez Lagares e que lle corresponde o total do patrimonio hereditario de Benigno Martínez Lagares.

Segundo. Declaro que o inmoble descrito no feito cuarto da demanda, predio rexistral nº 25.250 do Rexistro da Propiedade de Viveiro, é propiedade na súa totalidade de Sofía Martínez Govin, que debe ser recoñecida como tal, para o cal, unha vez que sexa firme esta sentenza, diríxase mandamento ao Rexistro da Propiedade de Viveiro onde se encontra inscrito o predio co fin de que se inscriba o inmoble na súa totalidade, cen por cento do pleno dominio a nome de Sofía Martínez Govin, e déixese sen efecto a inscrición a nome de Benigno Martínez Lagares.

Terceiro. Impóñenselle as custas procesuais a Jacqueline Marguerite Govin.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Esta sentenza non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Lugo.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado».

Encontrándose a dita demandada, Jacqueline Marguerite Govin, en paradoiro descoñecido, expídase este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Viveiro, 8 de xullo de 2015

A secretaria xudicial