Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37824

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Redondela (expediente IN407A 2015/145-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Mercadona, S.A.

Domicilio social: rúa Valencia, 5, 46016 Tavernes Blanques.

Denominación: LMTS, CS estrada N-552/Estrada subida a Cedeira.

Situación: Redondela.

Características técnicas: LMT subterránea a 15 kV con condutor RHZ1 de 1.048 metros de lonxitude (524×2) con orixe e final no tramo de liña RED7110055, unha vez entre e saia do CS proxectado. Centro de seccionamento con celas equipadas con aparamenta fixa, baixo envolvente metálica, con corte en SF6, situado na estrada N-552, esquina coa rúa Estrada subida a Cedeira, Redondela.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 20 de agosto de 2015

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra