Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Prodeca 10, S.L.
Domicilio social: rúa X, nº 13, 36550 Lalín.
Denominación: LMTS e CT rúa da Romea.
Situación: Lalín.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor RHZ1 de 410 metros de lonxitude, con orixe nun apoio da LMTA LAL 810 (Botos-Silleda-Cog. Pumade), no cal se fai un paso aerosubterráneo, e final no CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado na rúa da Romea, Lalín.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 19 de agosto de 2015
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra