Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37827

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, que notifica a resolución do recurso de alzada RAI-LU-72/12 (IN635B 2010/404-2).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non fose posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e resultará facultativa a súa publicación no boletín oficial da Comunidade Autónoma.

Intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle por anuncio no Boletín Oficial del Estado a resolución do procedemento ao interesado que se sinala no anexo.

O interesado poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer, recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen oportuno.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente: RAI-LU-72/12 (IN635B 2010/404-2).

Interesado: Andrés Fernández Díaz.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.