Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37829

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 14 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, polo que se notifica o emprazamento para comparecencia no recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7239/2015 (expediente RAM-OU-52/13).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non fose posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado e resultará facultativa a súa publicación no boletín oficial da Comunidade Autónoma.

Intentada a notificación no último domicilio coñecido e despois de ser devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, por medio deste anuncio comunícaselle a Siro Vega Rodríguez que se está tramitando o recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 7239/2015, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto por Theboe, S.A. contra a Resolución do 21 de abril de 2015, desestimatoria do recurso de reposición contra o Acordo do 14 de decembro de 2012 que inadmite petición de nulidade de anulación de resolución que autorizaba a transmisión parcial de explotación mineira, co fin de que poida comparecer, se o considera oportuno, perante o dito tribunal, no prazo de nove días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria