Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 184 Venres, 25 de setembro de 2015 Páx. 37849

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 15 de setembro de 2015 pola que se notifica a resolución do expediente de reclamación patrimonial con referencia 18/15 por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Óscar Ramiro Piñeiro Lago, con DNI 35466333B, que presentou reclamación por danos sufridos no porto de Vilanova de Arousa, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución da reclamación patrimonial de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións de pertinente aplicación, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido, sito na rúa Francisco González Sanisidro, nº 3-3º B, 36620 Vilanova de Arousa (Pontevedra).

O órgano competente para a resolución do expediente é a Consellería do Medio Rural e do Mar para ditar a presente resolución de acordo co establecido no artigo 3.1.b) da Lei 6/2001, do 29 de xullo, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da dita orde xurisdicional, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción desta notificación, consonte o establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan executar o recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que ditou esta resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación.

O expediente completo atópase nas dependencias dos servizos centrais de Portos de Galicia onde poderá ser examinado das 9.00 ás 14.00 horas.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2015

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia