Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37711

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 11 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización de varios contratos de subministración cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe 6, tema prioritario 75.

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos:

– Expediente: ED-12/15SU. Subministración de equipamento de robótica para os talleres dos ciclos formativos nos distintos centros educativos que dependen da Consellería.

1. Adxudicatario lote 1: Asea Brown Boveri, S.A.

1.1. Orzamento: 186.992,19 euros.

Data de adxudicación: 7.8.2015.

Data de formalización: 28.8.2015.

2. Adxudicatario lote 2: Asea Brown Boveri, S.A.

2.1. Orzamento: 43.999,23 euros.

Data de adxudicación: 7.8.2015.

Data de formalización: 28.8.2015.

– Expediente: ED-13/15SU. Subministración de adestradores de hidráulica e pneumática para os talleres dos ciclos formativos con destino aos distintos centros educativos que dependen da Consellería.

1. Adxudicatario lote 1: Alecop, S. Coop.

1.1. Orzamento: 199.698,40 euros.

Data de adxudicación: 7.8.2015.

Data de formalización: 28.8.2015.

– Expediente: ED-14/15SU. Subministración de material para os talleres da familia profesional de Transporte e mantemento de vehículos con destino aos distintos centros educativos que dependen da Consellería.

1. Adxudicatario lote 1: Alecop, S. Coop.

1.1. Orzamento: 114.683,80 euros.

Data de adxudicación: 14.8.2015.

Data de formalización: 2.9.2015.

2. Adxudicatario lote 2: Prodel, S.A. Equipamento Didáctico

2.1. Orzamento: 91.669,60 euros.

Data de adxudicación: 14.8.2015.

Data de formalización: 1.9.2015.

– Expediente: ED-16/15 SU. Subministración de fresadoras universais para os talleres das familias profesionais de Fabricación mecánica e Instalación e mantemento con destino aos distintos centros educativos que dependen da Consellería.

1. Adxudicatario lote 1: Alecop, S. Coop.

1.1. Orzamento: 160.617,82 euros.

Data de adxudicación: 14.8.2015.

Data de formalización: 2.9.2015.

2. Adxudicatario lote 2: deserto.

– Expediente: ED-17/15 SU. Adquirir tornos paralelos convencionais para os talleres dos centros educativos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que imparten os ciclos formativos das familias profesionais Fabricación mecánica, Instalación e mantemento.

1. Adxudicatario lote 1: Alecop, S. Coop.

1.1. Orzamento: 224.963,20 euros.

Data de adxudicación: 21.8.2015.

Data de formalización: 11.9.2015.

– Expediente: ED-18/15 SU. Subministración de equipamentos de soldadura para os talleres dos ciclos formativos que se imparten nos centros educativos da Consellería.

1. Adxudicatario lote 1: PiIses, S.L.

1.1. Orzamento: 240.470,56 euros.

Data de adxudicación: 19.8.2015.

Data de formalización: 10.9.2015.

– Expediente: ED-22/15 SU. Subministración de armarios de ferramentas e equipamentos de lavado, secado e aspiración para a formación profesional básica con destino aos centros educativos da Consellería.

1. Adxudicatario lote 1: Gallega de Suministros 2020, S.L.

1.1. Orzamento: 47.190,00 euros.

Data de adxudicación: 24.8.2015.

Data de formalización: 7.9.2015.

2. Adxudicatario lote 2: deserto.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2015

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria