Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37601

III. Outras disposicións

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2015.

O artigo 11.1 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

RESOLVO:

Dar publicidade da relación de convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Traballo e Benestar durante o segundo cuadrimestre do ano 2015, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2015

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar

ANEXO

Convenios asinados no segundo cuadrimestre de 2015

Título

Obxecto

Data de sinatura

Importe (€)

Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (Cixug) para a realización do curso de posgrao e do curso ponte de especialización en orientación laboral.

Realización do curso de posgrao e curso ponte de especialización en orientación laboral.

4.5.2015

140.000

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Unión Xeral de Traballadores de Galicia, para a realización de accións de difusión pública dirixidas á implantación do Sistema de garantía xuvenil e difusión de accións dirixidas á implantación do Programa extraordinario de activación para o emprego en Galicia ao abeiro do acordo do diálogo social en Galicia asinado o 14 de xaneiro de 2015.

Realización de accións de difusión pública dirixidas á implantación do Sistema de garantía xuvenil e difusión de accións dirixidas á implantación do Programa extraordinario de activación para o emprego en Galicia.

12.8.2015

40.000

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, para a realización de accións de difusión pública dirixidas á implantación do Sistema de garantía xuvenil e difusión de accións dirixidas á implantación do Programa extraordinario de activación para o emprego en Galicia ao abeiro do acordo do diálogo social en Galicia asinado o 14 de xaneiro de 2015.

Realización de accións de difusión pública dirixidas á implantación do Sistema de garantía xuvenil e difusión de accións dirixidas á implantación do Programa extraordinario de activación para o emprego en Galicia.

12.8.2015

15.316,80

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e desenvolvemento dun encontro informático.

Regular as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Semana Verde de Galicia para a organización e desenvolvemento no ano 2015 dun encontro informático que ten por obxecto principal ser un punto de encontro e referencia para a mocidade no ámbito das novas tecnoloxías, combinando actividades educativas, lúdicas e culturais.

28.5.2015

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (Faxpg), para a realización do programa de atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e o mantemento da federación.

Mantemento da Federación.

Servizo de atención a persoas xordas, xordocegas e con discapacidade auditiva.

Servizo de intérpretes de lingua de signos española e guías- intérpretes (SILSE-GI).

Servizo integral para persoas xordas, xordocegas e persoas con discapacidade auditiva.

8.5.2015

690.592,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Dano Cerebral (Fegadace), para o financiamento de programas de atención ambulatoria, de rehabilitación funcional e inserción social de persoas con dano cerebral adquirido e do mantemento da federación e das entidades federadas.

Mantemento da federación e das súas entidades asociadas.

Programas de atención ambulatoria, de rehabilitación funcional e inserción social.

15.5.2015

167.714,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Entidades e Organizacións Protectoras de Persoas con Autismo da Comunidade Autónoma de Galicia (Autismo Galicia), para promover a atención das persoas con trastornos do espectro autista e ás súas familias, en Galicia, e para o mantemento da federación e das entidades federadas.

Mantemento da federación e das súas entidades asociadas.

Representación institucional para a súa participación e visualización na sociedade.

Desenvolvemento de publicacións divulgativas e formativas.

Realización de eventos para a sensibilización, coñecemento, fomento de cohesión social.

Programa de inclusión social destinado ás persoas con trastornos do espectro autista.

Programa de apoio ás familias.

Programa de ocio, tempo libre e campamentos.

19.5.2015

123.061,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Asociacións de Atención ás Persoas con Parálise Cerebral e/ou Patoloxías Afíns (Federación Aspace Galicia), para o financiamento do programa de respiro familiar e do mantemento da entidade.

Mantemento da federación e das súas entidades asociadas.

Servizos de apoio, asesoramento, respiro e accións de sensibilización e concienciación.

25.5.2015

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Unión de Asociacións Provinciais UDP de Lugo para financiar o mantemento da entidade e a realización de actividades.

Mantemento da entidade.

Actividades formativas, culturais, participativas e recreativas.

3.6.2015

5.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade da Coruña para o financiamento da Universidade Sénior.

Universidade Sénior.

23.6.2015

25.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o centro asociado UNED-A Coruña para o financiamento do programa UNED Sénior.

UNED Sénior.

10.6.2015

12.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación Gallega de Organizaciones de Mayores (Cogama) para financiar a realización de actividades.

Actividades artísticas e culturais, sociocomunitarias de convivencia e de animación á lectura.

25.5.2015

20.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación de Parapléxicos e Grandes Minusválidos de Galicia (Aspaym), para o financiamento do programa de atención dirixido ao colectivo de lesionados medulares residentes en Galicia e mantemento da unidade.

Servizo de información, orientación e asesoramento.

Servizo de transporte adaptado non cuberto por outros servizos.

Servizo de apoio psicosocial ao novo lesionado medular.

Titorías ao novo lesionado medular

Cursos de formación.

26.5.2015

35.827,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Comité de Entidades Representantes de Persoas con Discapacidade de Galicia (Cermi de Galicia) para o mantemento da entidade.

Mantemento da entidade.

15.6.2015

12.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (Ategal) para o financiamento das aulas da terceira idade.

Aulas da terceira idade.

4.5.2015

60.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela para o financiamento do IV Ciclo universitario.

IV Ciclo universitario.

4.5.2015

25.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Vigo para o financiamento da Aula de formación aberta. Programa para maiores.

Aula de formación aberta. Programa para maiores.

11.6.2015

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Anade para o financiamento e actuacións desenvolvidas con persoas con discapacidade.

Programa creativo de obradoiros de teatro e escritura.

27.7.2015

9.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Cogami e das súas entidades.

Servizo de Información, Asesoramento e Orientación (SIAO) ás persoas con discapacidade e ás súas familias.

Servizo de intervención social das persoas con discapacidade e as súas familias.

Actividades físicas e cognoscitivas.

Formación e intermediación laboral das persoas con discapacidade.

Sensibilización e concienciación.

Voluntariado.

Actividades de lecer.

Respiro familiar.

Servizo de información e asesoramento en accesibilidade.

Servizo de apoio ao movemento asociativo.

Mantemento de Cogami e das súas entidades.

13.5.2015

731.398,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Institucións para a Síndrome de Down (Down Galicia), para o financiamento de programas destinados ás persoas con discapacidade intelectual, coa síndrome de Down, en situación de dependencia e ás súas familias, e do mantemento da federación.

Servizo de Promoción da Autonomía Persoal (Sepap) organizado nas seguintes áreas de atención:

– Área de atención temperá.

– Área de inclusión educativa.

– Área de formación e emprego.

– Área vida adulta e independente.

– Área transversal.

– Mantemento da federación.

8.5.2015

410.301,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual de Galicia (Fademga Feaps Galicia) para o financiamento do programa de atención a persoas con discapacidade e ás súas familias e do mantemento de Fademga Feaps Galicia.

Programa de apoio familiar

Programa de atención integral, programa de apoio e envellecemento activo ás persoas con discapacidade intelectual, programa de cidadanía activa, programa de atención a persoas con necesidades complexas, programa de integración social e actividades rehabilitadoras de persoas reclusas e ex-reclusas, programa promoción do voluntariado, programa de vacacións e apoio nas áreas de emprego e formación.

Programa de atención a asociacións: apoio, fortalecemento e promoción do movemento asociativo.

Actividades de formación, de lecer, deportivas, orientadas á familia, actos de recoñecemento ao labor solidario, calquera outra que sexa do interesa para Special Olympics e para persoas con discapacidade intelectual de toda Galicia.

Mantemento da federación.

22.5.2015

338.305,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e outras demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de atención dirixidos a familiares de enfermos de alzhéimer residentes en Galicia e mantemento da federación.

Mantemento da federación.

Coordinación dos diferentes programas das asociacións.

Elaboración de programas comúns ás asociacións.

Coordinación e derivación de usuarios entre Fagal e asociacións.

Elaboración de material de información e difusión.

18.5.2015

22.838,40

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes), para o financiamento dos seus programas dirixidos a persoas con enfermidade mental residentes na Comunidade Autónoma de Galicia e do mantemento da entidade.

Información, orientación e atención sociofamiliar.

Asesoramento e apoio xurídico especializado sobre os aspectos legais relacionados coas enfermidades mentais e os seus familiares.

Fomento da autonomía persoal das persoas con discapacidade por mor dunha enfermidade mental e de atención a domicilio e transporte no medio rural.

Mantemento, coordinación do movemento asociativo, representación e interlocución institucional e servizo de comunicación externa da federación.

Plan anual de formación para profesionais, coidadores non profesionais e profesionais dos servizos sociais.

Mantemento da entidade.

8.5.2015

521.748,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec), para o financiamento de actividades destinadas a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas de enfermidades raras e crónicas e do mantemento da federación.

Ofrecer unha atención social integral ao colectivo de persoas que representa, de cara a conseguir a plena integración social destas persoas, dando cobertura a aquelas necesidades sociais comúns que non poden ser atendidas na súa totalidade polas canles habituais.

Informar dos servizos da federación, así como fomentar a relación de axuda para resolver dificultades de carácter sociosanitario.

Promover e potenciar as axudas e apoios para promoción da autonomía persoal destes colectivos de enfermos crónicos.

Informar, asesorar e/ou tramitar documentación ás persoas afectadas e ás súas familias sobre recursos, dereitos e outros beneficios de carácter socioeconómico, laboral e sanitario, ao que lle dá acceso a súa situación de enfermidade.

11.5.2015

18.500,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega das Persoas Maiores, Xubilados e Pensionistas (Asogapem) para financiar a realización de actividades.

Actividades deportivas.

Actividades de mantemento e mellora da axilidade mental.

Charlas sobre a protección xurídica das persoas maiores.

25.5.2015

18.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Empresa-Universidade Galega (Feuga), para a organización do evento Tic Sénior 2015.

Celebración do evento TIC Sénior 2015, poñendo énfase no voluntariado dos sénior.

7.8.2015

5.500,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami), para o financiamento de programas de formación profesional e de apoio á autonomía persoal para persoas con discapacidade, no ano 2015, con financiamento do Fondo Social Europeo (FSE) P.O. FSE-Galicia 2007/2013.

Programa de cursos de formación profesional dirixidos a persoas con discapacidade.

Programa de apoio á autonomía persoal dirixido a persoas con grandes discapacidades.

7.8.2015

596.285,00

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Quiroga para os investimentos de ampliación e adaptación do edificio municipal de servizos sociais, destinados á prestación de servizos de atención diúrna.

Execución dos investimentos destinados á ampliación, mellora, acondicionamento, reforma e, de ser o caso, equipamento do edificio municipal de servizos sociais destinados á habilitación dun centro que dispense servizos de atención diúrna no concello de Quiroga.

30.7.2015

150.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzheimer e Outras Demencias (Fagal), para o financiamento dos programas de apoio a persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermos de alzhéimer e outras demencias residentes en Galicia.

Contribuír ao financiamento por parte da Consellería de Traballo e Benestar dos programas de apoio e formación das persoas coidadoras de persoas en situación de dependencia enfermas de alzhéimer que Fagal ten previsto desenvolver durante o ano 2015:

– Cursos de formación para coidadores non profesionais.

– Talleres de aplicación dos coidados no domicilio.

– Creación e dinamización de grupos de autoapoio de persoas coidadoras.

– Creación de servizos de apoio, sensibilización e formación.

– Desenvolvemento de materiais de formación.

5.5.2015

18.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro-UCEIF para o desenvolvemento do programa Yuzz.

Desenvolvemento do Programa Yuzz, Xoves con ideas na cidade da Coruña.

1.7.2015

12.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, a Universidade de Santiago e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro-UCEIF para o desenvolvemento do programa Yuzz.

Desenvolvemento do Programa Yuzz, Xoves con ideas na cidade de Santiago de Compostela.

1.7.2015

12.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e a Fundación da Universidade de Cantabria para o estudo e a investigación do sector financeiro-UCEIF para o desenvolvemento do programa Yuzz.

Desenvolvemento do Programa Yuzz, Xoves con ideas na cidade de Vigo.

1.7.2015

23.750,00

Convenio específico de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Consorcio para o Desenvolvemento de Aplicacións para a Xestión Universitaria (Cixug) para a posta en marcha dun Plan de fomento do emprendemento a través de iniciativas empresariais de base tecnolóxica no ámbito universitario de Galicia.

Executar o conxunto de iniciativas e actividades vinculadas ao fomento do emprendemento a través de iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT).

22.7.2015

75.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e Cruz Vermella de Galicia para a execución do Programa de familias acolledoras, dirixido ao acollemento en familia allea de menores en situación de risco ou desamparo.

O obxecto deste convenio é establecer o marco de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Cruz Vermella de Galicia para o desenvolvemento na Comunidade Autónoma de Galicia do Programa de familias acolledoras, que ten como obxectivo xeral proporcionar unha atención temporal a aqueles menores en situación de risco, desamparo ou desprotección social, nun ambiente familiar normalizado, alleo á súa familia de orixe, por non existir esta ou non ser idónea para o seu coidado.

4.5.2015

300.000,00

Addenda ao Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Meniños para o desenvolvemento do Programa de integración familiar.

A addenda ten por obxecto dotar o Programa de integración familiar dunha nova área de actuación denominada Funcionalidade familiar, que supón un traballo intensivo previo á intervención familiar propia das outras dúas áreas de preservación e reunificación, dirixida a familias nas que se advirte unha grave deterioración familiar, cun nivel de desestruturación de complexidade elevada, que impide que poidan recuperar condicións protectoras nos dous anos previstos de intervención.

12.8.2015

17.746,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a entidade Cáritas Diocesana de Santiago para o desenvolvemento dun programa de apoio a familias monoparentais.

Colaboración entre as partes asinantes no desenvolvemento dun programa de formación, orientación e apoio a familias monoparentais, que, carentes de medios adecuados, precisan dun servizo asistencial para a normalización da súa convivencia.

3.7.2015

25.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Asociación Galega de Familias Numerosas para a colaboración na xestión do programa Carné familiar galego.

Regular o marco de colaboración entre as partes asinantes para a xestión do programa Carné familiar como recurso que beneficia as familias numerosas.

3.7.2015

13.500,00

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Ourense, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial na cidade de Ourense durante o ano 2015.

O obxecto do convenio é desenvolver un programa de mediación intraxudicial gratuíta en Ourense, mediante a constitución dun equipo permanente de mediación composto por persoas profesionais da psicoloxía e da avogacía, así como as súas respectivas suplentes para supostos de incompatibilidade e incapacidade.

13.7.2015

40.000

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Traballo e Benestar, o Ministerio Fiscal, o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e o Colexio Oficial de Avogados de Santiago de Compostela, para o desenvolvemento dun programa de mediación intraxudicial na cidade de Santiago de Compostela durante o ano 2015.

O obxecto do convenio é desenvolver un programa de mediación intraxudicial gratuíta en Santiago de Compostela, mediante a constitución dun equipo permanente de mediación composto por persoas profesionais da psicoloxía e da avogacía, así como as súas respectivas persoas suplentes para supostos de incompatibilidade e incapacidade.

13.7.2015

40.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Tordoia para o equipamento do punto de atención á infancia municipal.

Instrumentar a cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Tordoia para o financiamento do equipamento do punto de atención á infancia municipal de Tordoia.

14.7.2015

15.000,00

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Meaño para o acondicionamento da escola infantil 0-3 municipal.

Instrumentar a cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Meaño para o financiamento do acondicionamento da escola infantil 0-3 municipal de Meaño, consistente na substitución de carpintaría e calefacción.

30.7.2015

18.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa educativo-terapéutico Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de personas adictas.

A colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Fundación Monte do Gozo para a realización, por parte desta última, dunha serie de actuacións encamiñadas á inserción sociolaboral, englobadas nun programa marco denominado Proxecto Home de atención, rehabilitación e reinserción social de personas adictas.

4.5.2015

135.787,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar, a Federación Gallega de Bancos de Alimentos e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para o establecemento dunha coordinación na entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores.

Establecer un procedemento de actuación que determine a coordinación para a entrega de alimentos ás familias en situación de vulnerabilidade e con menores a cargo.

5.5.2015

Sen contido económico

Convenio de cooperación entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Concello de Riós para o acondicionamento do andar 1 do edificio multiúsos para albergar un centro sociocomunitario.

Acondicionamento do andar 1 do edificio multiúsos para albergar un centro sociocomunitario no concello de Riós.

30.7.2015

12.000,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela, para o fomento da especialización en cooperativismo.

O obxecto do convenio é establecer as condicións polas que se rexerá a colaboración entre a Consellería Traballo e Benestar e a Universidade de Santiago de Compostela, para o fomento da especialización en cooperativismo.

2.7.2015

28.200,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Escola de Organización Industrial para o desenvolvemento dun programa de asesoramento a empresas cooperativas do sector agroalimentario galego no acceso rápido a mercados exteriores.

O obxecto do convenio é o desenvolvemento dos termos da colaboración entre o EOI e a Consellería de Traballo e Benestar para a execución dun programa de asesoramento a empresas cooperativas do sector agroalimentario galego no acceso rápido a mercados exteriores, no marco das accións que executa EOI do Programa operativo CCI2007ES05UPO001, de intervención comunitaria do Fondo Social Europeo de Adaptabilidade e Emprego no marco dos obxectivos de converxencia e competitividade rexional e emprego de España, aprobado pola Decisión da Comisión Europea da Unión Europea do 14 de decembro de 2007.

31.7.2015

19.400,00

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e Cegasal (centros especiais de emprego sen ánimo de lucro).

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

4.5.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Agrupación de Concellos de Ortigueira, Cariño, Cerdido e Mañón.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

22.5.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e o Ilustre Colegio Oficial de Titulados Mercantiles y Empresariales de Vigo.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

25.5.2015

Sen contido económico

Convenio de colaboración entre a Consellería de Traballo e Benestar e a Mancomunidade de Concellos de Comarca de Ferrol.

Establecer as condicións polas cales se rexerá a colaboración entre os asinantes para o fomento do cooperativismo e a economía social, segundo o previsto no Decreto 225/2012.

9.6.2015

Sen contido económico