1. Encomenda de xestión para a construción dun punto limpo no concello de Vilar de Santos, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nunha porcentaxe máxima dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, tema prioritario 3.44.
– Actividade: construción dun punto limpo no concello de Vilar de Santos. Os traballos que se van executar agrúpanse nos seguintes capítulos de obra:
• Movemento de terras.
• Urbanización e axardinamento.
• Instalacións xerais.
• Caseta de servizos de persoal e de recepción.
• Almacén de RAEE.
• Zona de plásticos.
• Peche perimetral e porta de acceso.
• Contedores e sinalización.
• Seguranza e saúde.
– Natureza e alcance da encomenda: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter a Empresa de Transformación Agraria, S.A. a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto na disposición adicional vixésimo quinta do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
– Prazo de vixencia: o prazo de vixencia é de tres meses, contados desde o 8 de setembro de 2015.
– Modalidade de financiamento: esta encomenda financiase nun 80 % a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 e encádrase no tema prioritario 3.44 (xestión de residuos domésticos e industriais).
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2015
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas