Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Xoves, 24 de setembro de 2015 Páx. 37705

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de modificación substancial do complexo industrial de tratamento de perfís de aluminio de Aluminios Cortizo, S.A. en Estramundi, concellos de Padrón e Rois (expediente 2015-IPPC-M-58).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE nº 157, do 2 de xullo) e na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296, do 11 de decembro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Proxecto básico de solicitude de modificación da autorización ambiental integrada do Complexo Industrial de Aluminios Cortizo en Estramundi, por reformas nos procesos de anodización e lacaxe, e outros cambios nas instalacións. Tomo I. Maio 2015.

– Proxecto básico de solicitude de modificación da autorización ambiental integrada do Complexo Industrial de Aluminios Cortizo en Estramundi, por reformas nos procesos de anodización e lacaxe, e outros cambios nas instalacións. Tomo II. Maio 2015.

– Resumo non técnico. Proxecto de modificación de AAI do Complexo Industrial de Aluminios Cortizo en Estramundi. Maio 2015.

– Informe de situación de solos (IS) do Complexo Industrial de Aluminios Cortizo en Estramundi. Xullo 2015.

Coa fin de que calquera interesado poida consultala e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental - Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (r/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/ >> medio ambiente e sostibilidade >> prevención e control de actividades >> autorización ambiental integrada >> proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2015

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO
Memoria resumo

Clave do expediente: 2015-IPPC-M-58.

Peticionaria: Aluminios Cortizo, S.A.

Domicilio social: estrada Padrón-Noia, km 2, Estramundi, s/n, Padrón (A Coruña).

Localización da instalación: estrada Padrón-Noia, km 2, Estramundi, s/n, concellos de Padrón e Rois (A Coruña).

Actividade: a modificación prevista consiste nunha serie de reformas do proceso produtivo e nas edificacións industriais.

Reformas no proceso produtivo: substitución da liña de anodización 2 existente por unha de maior capacidade produtiva, instalación dunha nova liña de lacaxe vertical, incorporación dunha sección de corte e mecanización de perfís, cambios nos focos fixos de emisión e ampliación do caudal de vertedura.

Reformas nas edificacións: reforma e ampliación da nave onde se desenvolve o proceso de anodización, reforma e ampliación de naves existentes para a creación dunha nave de loxística e execución dunha nave destinada a almacén intelixente de produto terminado, anexa á nave de loxística.

Verteduras: debido ao incremento da capacidade produtiva das plantas de lacaxe e anodización, a empresa solicita unha ampliación do caudal de vertedura.