Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 23 de setembro de 2015 Páx. 37583

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

ANUNCIO de exposición pública do acordo de aprobación inicial da modificación puntual número 7 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Concello de Tomiño, en sesión plenaria que tivo lugar o día 28 de agosto de 2015, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 7 do vixente PXOM relativa á redacción de texto refundido do PXOM vixente de Tomiño.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

O expediente estará exposto ao público polo prazo de dous meses a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e mediante anuncio en dous dos xornais de maior difusión na provincia e no BOP; os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Urbanismo do concello e presentar alegacións ou reclamacións dentro do mesmo prazo de conformidade co citado artigo.

O expediente non comporta a suspensión cautelar de licenzas.

Tomiño, 3 de setembro de 2015

Sandra González Álvarez
Alcaldesa