Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 23 de setembro de 2015 Páx. 37581

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración e instalación dun sistema de comunicación de voz sobre rede IP para o novo hospital de Vigo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7 e obxectivo específico 9.7.1. (expediente AB-SER1-15-012).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: AB-SER1-15-012.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración e instalación dun sistema de comunicación de voz sobre rede IP para o novo hospital de Vigo.

c) Lote (de ser o caso): non.

d) CPV (referencia de nomenclatura): 32500000-8, 32524000-2 e 32429000-6.

e) Acordo marco (se procede): non.

f) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, BOE e DOUE.

g) Data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia nº 48, do 11 de marzo de 2015.

Boletín Oficial del Estado nº 53, do 3 de marzo de 2015.

Diario Oficial de la Unión Europea nº 2015/S 042-071565, do 28 de febreiro de 2015.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 482.000 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 482.000 euros, sen IVE. Importe total: 583.220 euros, con IVE.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 20.5.2015.

b) Data de formalización: 10.6.2015.

c) Contratista: Telefónica Soluciones de Informática y Comunicaciones de España, S.A.U.

d) Importe ou canon de adxudicación:

Importe neto: 433.790 euros. Importe total: 524.885,90 euros.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2015

Lourdes Vilachán Angueira
Directora xeral de Recursos Económicos