De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á empresa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente ICA-OU-0011/2015-U.
A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.
A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes da Consellería do Medio Rural e do Mar, situadas na rúa do Camiño Francés, nº 10, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante o secretario xeral do Medio Rural e Montes, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2015
Tomás Fernández Couto-Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes
ANEXO
Expediente: ICA-OU-0011/2015-U.
Empresa interesada: Acebo Oasis del Bierzo, S.L.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: praza da Peña, km 4, 24413 Acebo-Molinaseca (León).