Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 23 de setembro de 2015 Páx. 37570

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ANUNCIO do 10 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, que notifica as resolucións dos recursos de alzada RAI-C-131/09(IN635A 2009/31-1) e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non sexa posible practicar faranse por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado; resultará facultativa a súa publicación no boletín oficial da Comunidade Autónoma.

Intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse mediante anuncio no Boletín Oficial del Estado as resolucións dos procedementos aos interesados que se sinalan no anexo.

Os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias do Servizo Técnico-Xurídico da Consellería de Economía e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra a referida resolución, que é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación e sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que xulguen oportuno.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2015

Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria

ANEXO

Expediente: RAI-C-131/09(IN635A 2009/31-1).

Interesado: Ángel Manuel Roquer Cabreros.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.

Expediente: RAI-LU-302/11(IN635A 2009/130-2).

Interesado: José Tomás López Amado.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.

Expediente: RAI-LU-65/12(IN635B 2011/292-2).

Interesado: Antonio Álvarez Cancelo.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.