Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 23 de setembro de 2015 Páx. 37515

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2015.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2015

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2015

Convenio

Achega da Consellería (€)

Data
de sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e a Universidade de Santiago de Compostela para a edición e publicación da Revista Galega de Economía no ano 2015.

7.500 €

9.7.2015

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento da Conferencia de Economía sobre o gasto público e a descentralización fiscal en España, realizada pola Rede de Investigadores sobre Financiamento Autonómico e Descentralización Fiscal en España (RIFDE).

17.000 €

15.7.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación Española de Asesores Fiscais e Xestores Tributarios para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

3.8.2015

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Concello de Outeiro de Rei en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

3.8.2015

Convenio de colaboración entre a Xunta de Galicia, por medio da Consellería de Facenda, e o Concello de Santiago de Compostela para sufragar os gastos derivados da súa condición de capital da Comunidade Autónoma de Galicia.

2.325.000 €

7.8.2015