Advertido erro na resolución publicada no DOG núm. 176, do 15 de setembro de 2015, cómpre facer a seguinte rectificación:
No ordinal noveno na páxina 36699, onde di:
«Profesorado
A Secretaría Xeral de Política Lingüística designará o profesorado encargado de impartir os cursos entre as persoas que figuren na súa lista de profesorado colaborador para impartir cursos de galego»,
Debe dicir:
«Profesorado
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Secretaría Xeral de Política Lingüística, designará o profesorado encargado de impartir os cursos de entre as persoas que estean na situación de execución provisional da sentenza e/ou firme, realizando todos os trámites legais necesarios para a súa contratación, que se realizará segundo a modalidade contractual que, en cada caso, sexa pertinente».