Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 22 de setembro de 2015 Páx. 37354

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 1 xullo de 2015 pola que se procede á públicación das subvencións concedidas en virtude da Orde do 24 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas en réxime de concorrencia competitiva ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento co disposto no artigo 15.1º da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e do artigo 17.1 da Orde do 24 de abril de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan axudas, en réxime de concorrencia competitiva, ás entidades privadas sen ánimo de lucro para a realización de programas de incorporación social en vivendas para pacientes estabilizados nas unidades asistenciais con especialización en drogodependencias da Comunidade Autónoma galega, procédese á publicación das subvencións concedidas.

Crédito orzamentario inicial de 200.000 euros, con cargo á aplicación orzamentaria 5001.413A.481.21 e código de proxecto 201400027.

No que se refire aos beneficiarios, importe e finalidade: véxase o anexo.

Santiago de Compostela, 1 de xullo de 2015

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO

Orde

Entidade

Programa

Contía

programa

1

Asociación ATOX

Piso de acollida para a incorporación social

40.000 €

2

Asociación Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos I

40.000 €

3

Asociación Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos II

40.000 €

4

Asociación Érguete

Programa social de apoio a procesos terapéuticos III

40.000 €

5

Asociación Rexurdir Provincial

Piso de apoio ao tratamento, social e laboral ao drogodependente

40.000 €