Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 22 de setembro de 2015 Páx. 37485

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 2 de setembro de 2015 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 13 de outubro de 2014, ditada no expediente POL/72/2013, devolta polo servizo de Correos por resultaren os destinatarios ausentes na repartición.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o 30 de xullo de 2015 ditou a resolución pola que se resolve non admitir por extemporáneo o recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 13 de outubro de 2014, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ordenando aos interesados a restitución das cousas e a súa reposición ao estado anterior á execución de obras, en concreto a completa demolición do garaxe e da soleira.

Ao non poder realizarse a notificación persoal da resolución a Rosa Mª Álvarez Costas e Severino Estévez Comesaña, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10 ) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística