Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 22 de setembro de 2015 Páx. 37483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de setembro de 2015, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente sancionador INC-PO-0031/2015-LSA e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os actos administrativos sinalados no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, aínda que a eficacia dos actos notificados quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar, sita na rúa Fernández Ladreda, número 43; Edificio Administrativo, 2º andar (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen teren comparecido, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Pontevedra, 10 de setembro de 2015

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: INC-PO-0031/2015-LSA.

Denunciado: Alberto Taboada Veiga.

Acto de notificación: resolución.

Expediente: INC-PO-0079/2015-VNA.

Denunciado: Jerónimo Vera Gambín.

Acto de notificación: proposta de resolución.

Expediente: INC-PO-0094/2015-VNA.

Denunciado: Pablo Gómez Rivera.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0110/2015-VNA.

Denunciado: Sergio Lago Iglesias.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: INC-PO-0112/2015-IUL.

Denunciado: Rafael Pérez Fontán.

Acto de notificación: acordo de incoación.

Expediente: MON-PO-0003/2015-CSA.

Denunciado: Marcelino Couñago Crujeira.

Acto de notificación: resolución.