Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 22 de setembro de 2015 Páx. 37461

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de decreto (ETX 117/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 117/2015

Procedemento orixe: procedemento ordinario 482/2013

Sobre ordinario

Demandante: Sandra Paredes Pérez

Avogada: María Sol Romero Salgado

Demandada: Marfur Equipamientos, S.L.

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 117/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra Paredes Pérez, contra a empresa Marfur Equipamientos, S.L., sobre reclamación de cantidade, foi ditado decreto no 1 de setembro de 2015 cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada Marfur Equipamientos, S.L. en situación de insolvencia total polo importe de 6.238,65 euros en concepto de principal, máis 637,03 euros en concepto de xuros de demora de 4.716,35 euros, máis 86,91 euros en concepto de xuros do Código civil de 1.522,30 euros, máis 696,26 euros que provisoriamente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións despois de anotalas no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Lévese o orixinal ao libro de decretos deixando testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes por fax e lexnet, e a Marfur Equipamientos, S.L., por medio de edictos no DOG, e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellante, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interporse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta no Banco Santander, conta número 5076 0000 64 0117 15. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá ingresarse na conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0117 15. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/A secretario/a xudicial».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Marfur Equipamientos, S.L., expido este edicto.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

A secretaria xudicial