Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37322

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación, por procedemento aberto, do alugamento de elementos de iluminación decorativa de Nadal.

1. Entidade adxudicadora: a) Organismo: Concello de Vigo. b) Dependencia: Comercio. c) Nº de expediente: 1436-106.

2. Obxecto do contrato: a) Descrición: subministración en réxime de alugamento de elementos de iluminación decorativa de Nadal no concello de Vigo. b) CPV: 31527200-8. c) División por lotes: non. d) Lugar de entrega: Concello de Vigo. e) Prazo de execución: 3 meses e 13 días.

3. Tramitación e procedemento: a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Criterios de adxudicación: os consignados no número 9 da folla de especificacións do contrato do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base: 157.613,39 euros (IVE incluído).

5. Garantías provisionais: non se exixe.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: a) Clasificación: non se exixe. b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a exixida no número 6) da folla de especificacións do contrato (FEC).

8. Presentación de ofertas: a) Data límite de presentación: o prazo rematará o décimo quinto (15º) día seguinte ao da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG. b) Documentación: a exixida nas cláusulas 12 e 13 do prego de condicións administrativas e no número 7 das FEC. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo. d) Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas técnica e económica: a) Enderezo: Casa do Concello de Vigo; Pza. do Rei, s/n, 36202 Vigo. b) Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Gastos de publicidade: pagaraos o adxudicatario ata a cantidade de 1.000 euros.

Vigo, 9 de setembro de 2015

P.D. (Decreto do 19.6.2015 e Acordo do 19.6.2015)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación