Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37320

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO para a contratación, por procedemento aberto, da prestación dos servizos sanitario-asistenciais a persoas con problemas derivados do consumo de drogas.

1. Entidade adxudicadora. Organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Área de Benestar Social. Nº de expediente: 114403-301.

2. Obxecto do contrato. Descrición: servizos sanitario-asistenciais a persoas con problemas derivados do consumo de drogas.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo de execución: dous anos. Prórroga: si, dúas prórrogas dun ano de duración cada unha.

3. Tramitación e procedemento.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

4. Orzamento base: 1.394.080 euros.

5. Garantías provisionais: non se exixen.

6. Obtención da documentación e información: www.vigo.org (perfil do contratante). Teléfono: 986 81 01 48. Fax: 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: grupo N, subgrupo 1, categoría d.

8. Presentación de ofertas: prazo: o prazo rematará aos oito días seguintes ao da última publicación deste anuncio no BOP ou no DOG.

Documentación: a exixida na cláusula 12 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Vigo. Praza do Rei, s/n, 36202 Vigo, ata as 13.30 horas do último día de prazo.

Admisión de melloras: non.

Prazo da obriga de manter a oferta: dous meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas técnica e económica: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: anunciarase no perfil do contratante do Concello de Vigo.

10. Outras informacións: –

11. Páxina web para a obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 7 de setembro de 2015

P.D. (Decreto do 19 de xuño de 2015 e Acordo do 19 de xuño)
David Regades Fernández
Concelleiro delegado de Contratación