1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición do obxecto: subministración e entrega de produtos químicos para a prevención e defensa contra os incendios forestais durante o ano 2015.
c) División por lotes e número: non leva.
d) Prazo de execución/entrega: primeira entrega: nun máximo de sete (7) días naturais desde o seguinte ao da sinatura do contrato. Entregas sucesivas: nun máximo de 36 horas desde a notificación da entrega.
e) Admisión de prórroga: non.
f) CPV: 35111520-6.
3. Tramitación e procedemento de adxudicación: urxente e aberto non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.
Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares (automáticos).
4. Orzamento base de licitación.
Importe neto: 168.000,00 €; IVE (21 %): 35.280,00 €. Importe total: 203.280,00 €.
Valor estimado: 168.000,00 € (sen IVE).
5. Financiamento: fondos propios da Consellería do Medio Rural e do Mar.
6. Requisitos específicos do contratista.
Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto nas epígrafes I e J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.
7. Garantías exixidas: definitiva: do 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído): 8.400 €.
8. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.
b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, nº 5, 2º andar, 15781 Santiago de Compostela.
c) Teléfonos: 981 54 40 46/981 54 57 37 (consultas administrativas), 981 54 60 56 (consultas técnicas).
d) Telefax: 981 54 50 03
e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es
f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.
Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23391
9. Presentación de ofertas.
a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos oito (8) días naturais, a non ser que o último día sexa sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 50 03).
d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.
10. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.
b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do sétimo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que sexa sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.
11. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2015
P.D. (Orde do 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar