Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 21 de setembro de 2015 Páx. 37295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de setembro de 2015, da Secretaría Xeral do Medio Rural e Montes, polo que se notifica o acordo de emprazamento a varios interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 40/2015.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio o acordo de emprazamento no recurso contencioso-administrativo (P.O. 40/2015).

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para considerar notificado este emprazamento se computará desde esa publicación.

Esta consellería recibiu do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense a resolución pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo que interpuxo Maderas Blangón, S.L. contra a resolución adoptada pola secretaria xeral técnica (por delegación da conselleira do Medio Rural e do Mar en virtude da Orde do 30 de marzo de 2012), do 12 de novembro de 2014, pola que se desestima o recurso de alzada interposto por Maderas Blangón, S.L., contra a resolución do expediente sancionador MON-PO-0079/2013-CSA.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou o 26.3.2015, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente ao referido tribunal, o que se lle notifica, en canto interesado no procedemento, emprazándoo para que poida comparecer como parte no prazo de nove días, que comezarán a contar a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2015

Tomás Fernández-Couto Juanas
Secretario xeral do Medio Rural e Montes

ANEXO

Expediente: MON-PO-0079/2013-CSA.

Procedemento ordinario: 40/2015.

Interesado: Luis Ansemil Villanueva.

Acto de notificación: emprazamento en recurso contencioso-administrativo.

Último enderezo coñecido: Meixomence, 7, Ponte, Silleda, Pontevedra.

Expediente: MON-PO-0079/2013-CSA.

Procedemento ordinario: 40/2015.

Interesado: José Manuel Gil Pérez.

Acto de notificación: emprazamento en recurso contencioso-administrativo.

Último enderezo coñecido: r/ General Franco, 82, pl. 4, Silleda, Pontevedra.

Expediente: MON-PO-0079/2013-CSA.

Procedemento ordinario: 40/2015.

Interesada: Mª Dolores Senín Guerra.

Acto de notificación: emprazamento en recurso contencioso-administrativo.

Último enderezo coñecido: r/ Montero Ríos, 31, pl. 2 A, Santiago de Compostela, A Coruña.

Expediente: MON-PO-0079/2013-CSA.

Procedemento ordinario: 40/2015.

Interesados: herdeiros de Julio Marcelino Carballo Mallo.

Acto de notificación: emprazamento en recurso contencioso-administrativo.

Último enderezo coñecido: r/ Pi y Margall, 2, Vigo, Pontevedra.