Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37194

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de setembro de 2015 pola que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/177/2014-RP1, devolta polo órgano notificador por resultar descoñecido o enderezo da interesada.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 27 de agosto de 2015, resolución pola que se declaran ilegalizables as obras realizadas en solo rústico, sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha edificación de chapa metálica encostada a unha fachada de peche e con cuberta a unha auga, no lugar de Pozo Anso, no concello de Barreiros, e se ordena a súa demolición á custa da intresada.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución a Purificación Fierros Carrera, propietaria catastral do terreo onde se levaron a cabo as ditas obras, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, comunícase á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se atopa ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exerce o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística