Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato relativo ao servizo de limpeza de diversas dependencias das xefaturas territoriais desta consellería, catro lotes (expediente 29/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de limpeza de diversas dependencias das xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http:/www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=22678

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 100, do 29 de maio de 2015.

e) División por lotes e número: si, catro lotes.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, non suxeito a regulación harmonizada, documentalmente simplificado.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 82.363,02 €, IVE (21 %): 17.296,24 €. Importe total: 99.659,26 €.

Valor estimado: 123.544,53 € (sen IVE), incluídas posibles prórrogas.

5. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote 1: dependencias da Xefatura Territorial da Coruña.

a) Data da resolución da adxudicación: 28 de xullo de 2015.

b) Adxudicataria: Limpiezas Compostela, S.L.

c) Importe: 15.972,00 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 17 de agosto de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, de acordo cos criterios de adxudicación establecidos no prego.

Lote 2: dependencias da Xefatura Territorial de Lugo.

a) Data da resolución da adxudicación: 28 de xullo de 2015.

b) Adxudicataria: Limpiezas, ajardinamientos y servicios Seralia, S.A.

c) Importe: 10.585,16 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 17 de agosto de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, de acordo cos criterios de adxudicación establecidos no prego.

Lote 3: dependencias da Xefatura Territorial de Ourense.

a) Data da resolución da adxudicación: 28 de xullo de 2015.

b) Adxudicataria: Serlym Galicia, S.L.

c) Importe: 20.573,63 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 31 de xullo de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, de acordo cos criterios de adxudicación establecidos no prego.

Lote 4: dependencias da Xefatura Territorial de Pontevedra.

a) Data da resolución da adxudicación: 28 de xullo de 2015.

b) Adxudicataria: Limpiezas, ajardinamientos y servicios Seralia, S.A.

c) Importe: 41.792,00 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 17 de agosto de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, de acordo cos criterios de adxudicación establecidos no prego.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar