Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37185

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

ANUNCIO do 26 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se fai pública a notificación do inicio do trámite de audiencia dun expediente tramitado por esta xefatura.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle o inicio do trámite de audiencia á persoa interesada que se indica a continuación, no expediente administrativo instruído conforme o disposto no artigo 172 do Código civil e nos artigos 41, 52, 53, 54, 55 e 61 da Lei 3/2011, do 30 de xuño, de apoio á familia e á convivencia de Galicia, despois dos intentos de notificación realizados sen que fose posible practicar a dita notificación.

A interesada dispón dun prazo de quince días, contados desde o día seguinte á data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para presentar ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar de Lugo as alegacións que xulgue pertinentes. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

O expediente relacionado a continuación atópase á disposición da interesada no Servizo de Familia e Menores da citada Xefatura Territorial de Lugo, rolda da Muralla, 70 planta baixa.

Nº de expediente: 2015/99-2.

Interesada: Estefanía Barrul Romero (DNI: 34631950E).

Enderezo actual: descoñecido.

Asunto: comunicación do inicio do trámite de audiencia.

Lugo, 26 de agosto de 2015

Alberto Linares Fernández
Xefe territorial de Lugo