Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37143

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada

EDICTO (146/2014).

Divorcio contencioso 146/2014

Sobre divorcio contencioso

Demandante: Elena Kokoreva Roy

Procuradora: Magdalena Méndez-Benegassi Gamallo

Avogado: Ignacio G. Diéguez Sanmartín

Demandado: Antonio Rosales Fuentes

Matías Recio Juárez, secretario xudicial, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 da Estrada, por medio do presente edicto,

Anuncio.

Neste procedemento seguido por instancia de Elena Kokoreva Roy fronte a Antonio Rosales Fuentes se ditou sentenza o 13.1.2015, que se transcribe na súa parte necesaria, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Encabezamento.

Sentenza número 1/15.

Xuíza que a dita: Elena Calleja Curros

Lugar: A Estrada

Data: 13 de xaneiro de 2015

Demandante: Elena Kokoreva Roy

Procuradora: Magdalena Méndez-Benegassi Gamallo

Avogado: Ignacio G. Diéguez Sanmartín

Demandado: Antonio Rosales Fuentes, en situación de rebeldía procesual

Obxecto do xuízo: a disolución por divorcio do matrimonio formado polas partes mencionadas, polo procedemento contencioso.

Decido.

Que estimo parcialmente a demanda presentada pola representación procesual de Elena Kokoreva Roy fronte a Antonio Rosales Fuentes, en situación de rebeldía procesual e declaro a disolución por divorcio do matrimonio formado polos cónxuxes, con desestimación da pretensión de fixación dunha pensión compensatoria a favor da demandante.

Unha vez que se declare a firmeza desta sentenza, líbrese oficio ao encargado do Rexistro Civil competente, ao cal se acompañará testemuño dela, co fin de que se anote a súa parte dispositiva na inscrición de matrimonio dos cónxuxes.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interpoñerá perante o Tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC).

Conforme a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica do poder xudicial, para a admisión do recurso deberase acreditar que se constituíu, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, comunidade autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

O depósito deberá constituílo ingresando a citada cantidade en Banesto na conta deste expediente indicando no campo “concepto” a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír, tras a conta referida, separados por un espazo a indicación “recurso” seguida do código “02 civil-apelación”.

No caso de que deba realizar outros pagamentos na mesma conta, deberá verificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando, neste caso, no campo observacións a data da resolución impugnada co formato DD/MM/AAAA.

Así por esta miña sentenza o pronuncio, mando e asino.

A maxistrada xuíza»

E encontrándose o dito demandado, Antonio Rosales Fuentes en rebeldía procesual e en paradoiro descoñecido, expídese, asínase e sélase este edicto, co fin de que lle sirva de notificación en forma.

A Estrada, 31 de agosto de 2015

O secretario xudicial