Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37161

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2015/50-2, 8244 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras-Rúa A-parcela U2-Lugo.

Denominación: O.C.R. polígono As Gándaras 2.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

1. Instalación no C.T. PE As Gándaras 2 (3628) dunha OCR para o telemando de dúas celas de liña e dúas de protección de trafo.

2. Enlace do C.T. PE As Gándaras 2 co C.T. PE As Gándaras 8, mediante LMT soterrada existente.

3. Desembornar no C.T. PE As Gándaras 1 as liñas de entrada dos CT PE As Gándaras 2 e PE As Gándaras 5 e realizar un empalme entre elas.

4. Desembornar no C.T. PE As Gándaras 5 as liñas de entrada dos CT PE Gándaras 1 e PE As Gándaras 8 e realizar un empalme entre elas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 27 de agosto de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo