Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37163

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Burela (expediente IN407A 2015/35-2, 8229 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A.

Domicilio social: polígono empresarial As Gándaras-Rúa A-parcela U2-Lugo.

Denominación: adecuación do C.T.C. Vila do Medio (CD 6226).

Situación: concello de Burela.

Características técnicas:

1. Obra civil consistente en construír un foso de recollida de aceite, tramex, guías UPN para o asentamento do trafo, ampliación da canle de BT, revocadura en lucido de paramentos, pintado do chan e construción dunha beirarrúa diante do C.T.

2. Obra eléctrica consistente na desmontaxe da cela de reserva, recolocación das celas de MT, eliminación do cadro de BT antiguo, recolocar o concentrador e facer novas pontes entre o C.T. e o cadro de baixa tensión.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 27 de agosto de 2015

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo