Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 26 de agosto de 2015, da Área Provincial de Ourense, pola que se notifican ás persoas interesadas os requirimentos de emendas das deficiencias das solicitudes de subvención do Programa de axuda ao alugamento de vivendas do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

En cumprimento do establecido nos artigos 58, 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, mediante esta cédula notifícaselles aos interesados, cuxos datos e domicilio se mencionan no anexo, o requirimento de emenda das deficiencias das solicitudes de subvención do programa de axudas ao alugamento do plan estatal 2013-2016.

Tendo en conta o sinalado no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 20.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, concédeselles un prazo de 10 días hábiles para que emenden as deficiencias ou acheguen os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixeren, se darán por desistidos da súa petición, logo da resolución de arquivamento.

A eficacia desta cédula quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Ourense, 27 de agosto de 2015

P.S. (Resolución 20.7.2015)
Mª Ángeles Mosqueira Vidal
Xefa do Servizo Técnico de Ourense

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

DNI/NIE

Enderezo

CP

Concello

201532ALUG00660V

Raysa Maribel Andújar Bernabé

49710648N

Rúa da Constitución, nº 18-2º A

32300

O Barco de Valdeorras

201532ALUG00490P

Jorge Pérez Blecua

73240944C

Avda. de Bos Aires, nº 100, 1º B

32004

Ourense