Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 18 de setembro de 2015 Páx. 37173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 26 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2015200AL-CO, por infraccións en materia sanitaria.

O 6 de agosto de 2015, a xefa territorial da Coruña da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2015200AL-CO, incoado a Invatia Research, S.L.

Unha vez intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Invatia Research, S.L. o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga 3 da Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 15/2014, do 16 de setembro (BOE núm. 226, do 17 de setembro).

A Coruña, 26 de agosto de 2015

P.A. (Artigo 19.3 Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2015200AL-CO.

Interesada: Invatia Research, S.L.

DNI/NIF/CIF: B70143011.

Último enderezo coñecido: Vía Diésel, 1, Polígono do Tambre, 15890 Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigos infrinxidos:

– Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DO núm. 139, do 30 de abril; rectif. DO núm. 204, do 4 agosto de 2007): capítulo II: artigo 4.2, capítulo X: 1. 2. 3. 4.

– Real decreto 191/2011, do 18 de febreiro, sobre rexistro xeral sanitario de empresas alimentarias e alimentos (BOE núm. 57, do 8 marzo): artigo 2.1. Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE núm. 160, do 6 de xullo): artigo 50.1 a) e e), artigo 51.1. 1-4-8-10.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 300 €.