Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 140, do luns 27 de xullo de 2015, cómpre facer a seguinte corrección:
Na páxina 31130, despois de resolver, no punto primeiro, onde di:
«Delégase nas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, no seu respectivo ámbito territorial, o exercicio das seguintes competencias da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais previstas nos estatutos aprobados polo Decreto 40/2014, do 20 de marzo», debe dicir: «Delégase nas persoas titulares das xefaturas territoriais da Consellería de Traballo e Benestar, no seu respectivo ámbito territorial e respecto dos créditos que lles sexan distribuídos, o exercicio das seguintes competencias da Dirección da Axencia Galega de Servizos Sociais previstas nos estatutos aprobados polo Decreto 40/2014, do 20 de marzo».