Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36888

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 1 de setembro de 2015 de emprazamento para trámite de audiencia no expediente COR/201/2014-RP1, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística COR/201/2014-RP1, a Mª Dolores Mariño González, en relación coas obras consistentes na rehabilitación dunha edificación e execución dunha rampla, que se levan a cabo no lugar de Bexo (r/ Tras da Torre), Laíño, no termo municipal de Dodro, provincia da Coruña.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 1 de setembro de 2015

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística