Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, polo que se notifica a resolución ditada no expediente de axuda para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria 36/50020/12A.

De conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado, que se sinala no anexo deste anuncio, a resolución ditada no expediente de axuda para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria número 36/50020/12A.

O interesado poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario, da Dirección Xeral de Produción Agropecuaria, Consellería do Medio Rural e do Mar (Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela), de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro da dita resolución e a constancia de tal coñecemento.

A resolución que se notifica esgota a vía administrativa. O interesado poderá interpoñer contra ela, potestativamente, recurso de reposición perante a conselleira do Medio Rural e do Mar no prazo dun mes ou, directamente, recurso contencioso-administrativo perante a sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os devanditos prazos para presentar os recursos contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE. Todo isto sen prexuízo de que o interesado poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2015

P.D. (Resolución do 27.8.2015)
Nicasio Mejuto Martí
Subdirector xeral de Explotacións Agrarias

ANEXO

Procedemento: expediente número 36/50020/12A de axuda para a modernización das explotacións agrarias e para a incorporación de mozos á actividade agraria.

Interesado: Cristian Couto Sánchez.

Acto de notificación: resolución para declarar a perda do dereito ao cobramento da axuda.

Último enderezo coñecido: Camiño Vello, 18, Carabuxeira, Padriñán, 36969, Sanxenxo, Pontevedra.