Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 15 de setembro de 2015 Páx. 36681

III. Outras disposicións

Consellería de Economía e Industria

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 17 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Comercio, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de xaneiro de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións para a mellora de imaxe, modernización, establecemento de novas fórmulas e medios de comercialización no sector comerciante retallista e artesanal galego (código de procedemento IN201H) (Diario Oficial de Galicia número 28, do 11 de febreiro), modificada pola Orde do 28 de xullo de 2015 (Diario Oficial de Galicia número 143, do 30 de xullo).

Advertidos erros na resolución publicada no DOG núm. 166, do 1 de setembro de 2015, cómpre facer as seguintes correccións:

Onde di:

«Crédito orzamentario: 2.500.000 euros

Aplicacións orzamentarias:

08.02.751A.770.1 1.900.000,00 €

08.02.751A.770.2 400.000,00 €

08.02.751A.781.1 200.000,00 €»

Debe dicir:

«Crédito orzamentario: 3.249.000,00 €

Aplicacións orzamentarias:

08.02.751A.770.1 3.049.000,00 €

08.02.751A.781.1 200.000,00 €

Estas aplicacións orzamentarias están cofinanciadas nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) e o 20 % restante polo Fondo de Compensación Interterritorial (FCI). As actuacións previstas están previstas no programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dentro do eixe 2, tema prioritario 09, actuación 08».