Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36644

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO do 29 de xullo de 2015, da Xerencia Municipal de Urbanismo, de aprobación definitiva do proxecto de expropiación, por taxación conxunta, da primeira fase do sistema xeral SX/EQ-DC/C05/1 Cidade da Xustiza (expediente 240/413).

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo, na sesión ordinaria do 10 de xullo de 2015, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Estimar, no sentido indicado no informe do 3.7.2015, dos técnicos da Xerencia Municipal de Urbanismo, as alegacións presentadas por José Carlos Fernández Mouriño (doc. 150037711), Teresa Bravo Quintas (doc. 150041840), Humberto Figueirido Zúñiga (doc. 150042871), Laura Carrizo Mosquera (doc. 150043453), Amalia Martínez Frende (doc. 150047623), José Luis Iglesias Figueirido (doc. 150049979), Julia Rodríguez Rebouras e Teodomiro Carazo Rodríguez (doc. 150063533) e María Begoña González Salido (doc. 150077403).

Segundo. Estimar parcialmente, no sentido indicado no informe antes indicado, as alegacións presentadas por Laura Carrizo Mosquera e Inés Carrizo Mosquera (doc. 150051604), Jaime E. Núñez Fernández (doc. 150051806), Severina Carrizo Veiga (doc. 150052966), Pilar Pérez Eiroa (doc. 150053033), Preciosa Soutullo Riveiro (doc. 150063543), María Mercedes Iglesias Fernández (doc. 150077369) e María Carmen Fernández Pazo (doc. 150033209).

Terceiro. Rexeitar, polos motivos indicados no informe de referencia, transcrito no informe precedente, as alegacións formuladas por Josefina Fernández Costas e Iria Rodríguez Fernández (doc. 150049654, doc. 150049656 e doc. 150049659), Rosa González Fernández (doc. 150049759), Elisa Leirado González e Isabel González Carrizo (doc. 150053065).

Cuarto. Aprobar definitivamente o proxecto expropiatorio tramitado polo procedemento de taxación conxunta para a obtención dos terreos comprendidos na 1ª fase do sistema xeral SX/EQ-DC/C05/1 Cidade da Xustiza, que se corresponden cos terreos situados dentro da parcela P.2 do cuarteirón M.7 da AOD A-3-14 Chouzo do PXOM, segundo o documento datado en xullo de 2015 elaborado pola Oficina de Planeamento e Xestión e a Oficina Municipal de Vivenda e Solo, coa colaboración do resto de servizos técnicos e xurídicos da Xerencia Municipal de Urbanismo.

A aprobación definitiva leva aparellada a declaración da urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados, de conformidade co disposto no artigo 144 da LOUG, que preceptúa que o pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da LEF.

Quinto. Notificar o presente acordo de aprobación definitiva de forma individualizada a todos os interesados no expediente e aos titulares de bens e dereitos afectados, conferíndolles un prazo de vinte días hábiles, contados desde o seguinte ao de recepción da notificación, co fin de que manifesten por escrito ante esta Administración expropiante a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado definitivamente, con indicación de que, en tal caso, se dará traslado do expediente e da folla de prezo xusto impugnada ao Xurado de Expropiación de Galicia, para os efectos da fixación do prezo xusto que, en todo caso, se fará de acordo cos criterios de valoración establecidos na lexislación vixente. De conformidade co artigo 143.8 da LOUG, no caso de que non formulen oposición á valoración no prazo de vinte días, entenderase aceptada e que se fixou no acto aprobatorio do expediente, e quedará determinado o prezo xusto definitivamente e de conformidade.

Sexto. Notificarlles aos interesados e ás persoas titulares de bens e dereitos afectados que o presente acordo -coa excepción da parte relativa á valoración dos bens e dereitos que se van expropiar- pon fin á vía administrativa e que contra esa parte del poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que o ditou no prazo dun mes, ou ben, alternativamente, recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Vigo no prazo de dous meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa notificación.

Vigo, 29 de xullo de 2015

P.D. (Resolución do 6.7.2015)
María José Caride Estévez
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo

ANEXO

Relación de titulares, parcelas e superficies

Parcela nº

Titulares de bens e dereitos

Ref. catastral

Superficie de solo

1

Alfredo Pujales Fernández e Purificación Faria Comesaña

1946928NG2714N (parte)

163,00 m2

2-a

Hdros. Mª Carmen Martínez Pérez

1946905NG2714N

100,50 m2

2-b

Josefina Fernández Costas e Iria Rodríguez Fernández

1946905NG2714N

100,50 m2

2-c

Josefina Fernández Costas e Iria Rodríguez Fernández

1946905NG2714N

51 m2

3

Hdros. Mª Carmen Martínez Pérez

1946929NG2714N

32,75 m2

4

Josefina Fernández Costas e Iria Rodríguez Fernández

1946930NG2714N

617,75 m2

5

Hdros. Mª Carmen Martínez Pérez

1946926NG2714N

465,50 m2

6

Hdros. Isabel Carrizo Veiga

1946923NG2714N

292,00 m2

7

Laura Carrizo Mosquera e Inés Carrizo Mosquera

1946904NG2714N

163,00 m2

9

Hdros. Isabel Carrizo Veiga

1946901NG2714N

744,75 m2

10

Severina Carrizo Veiga

1946932NG2714N

101,50 m2

11

Severina Carrizo Veiga

1946902NG2714N

125,10 m2

12

Mª del Carmen Fernández Iglesias

1946903NG2714N

458,00 m2

13

Mª Mercedes Iglesias Fernández e Benigno Iglesias Fernández

1746608NG2717N (parte)

65,70 m2

14

Nemesio e Rosa González Fernández

1746678NG2717N (parte)

547,00 m2

15

Belarmino e José Carlos Fernández Mouriño

1746679NG2717N (parte)

56,70 m2

17

Aurora e Mª Pastora Figueirido Zúñiga

1946921NG2714N (parte)

422 m2

18

José Humberto Figueirido Zúñiga

1946931NG2714N (parte)

396 m2