Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36620

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Tributaria de Galicia

ANUNCIO do 7 de setembro de 2015, da Zona de Recadación da Coruña, polo que se dá a coñecer a realización dunha poxa pública de bens/dereitos.

De conformidade co acordo da Axencia Tributaria de Galicia do 6 de agosto de 2015, infórmase que o día 15 de outubro de 2015, ás 10.00 horas no salón de actos da Delegación da Axencia Tributaria de Galicia na Coruña (sita na praza de Pontevedra, 22), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a seguir:

Lote

Descrición/Ben

Valoración

Cargas

Tipo1

Tramos

1

Pleno dominio sobre predio a labradío sito en Castiñeira na localidade de Ferrol, municipio de Ferrol, na provincia da Coruña, dunha superficie de 2.678 metros cadrados. A súa referencia catastral é 15037A024005060000PX.

9.239,23

Non constan

9.239,23

100,00

2

Urbana. Vivenda dúplex sinalada coa letra G no andar sétimo e aproveitamento baixo cuberta do portal C, na rúa Simón Bolivar, nº 25, no polígono dos Rosales (A Coruña). Está situado á fronte da edificación con acceso por este portal, e á esquerda entrando no relanzo das escaleiras. Ocupa unha superficie útil de 70 m2. Ten como anexo inseparable a praza de garaxe nº 38 e o rocho nº 63. Predio nº 77124 do Rexistro da Propiedade número 2 da Coruña.

108.181,80

3.330,00

104.851,80

100,00

3

75 % do pleno dominio de predio urbano sito no Camiño do Escorial, 68 do concello de Ferrol, dunha superficie de 160 metros cadrados. Referencia catastral 000903900NJ61E0001JY do predio urbano, edificado sobre o predio catastral 000903900NJ61E0000HT. Inscrito como predio 76317 no Rexistro da Propiedade de Ferrol.

83.841,75

Non constan

83.841,75

4

Pleno dominio por título de compravenda da praza de garaxe nº 28, no andar a nivel das vivendas, na zona posterior do edificio en Poio, nº 44 da avenida da Costa; ten unha superficie de 11 metros e 52 decímetros cadrados. Predio nº 16368 Rexistro da Propiedade número 2 de Pontevedra.

8.000,00

Non constan

8.000,00

5

100 % do pleno dominio por título de compravenda da praza de garaxe nº 31, no andar a nivel das viviendas na zona posterior do edificio sito en Poio, nº 44 da avenida da Costa; ten unha superficie de 11 metros e 52 decímetros cadrados. Predio 16371 Rexistro da Propiedade número 2 de Pontevedra.

8.000,00

Non constan

8.000,00

6

100 % do pleno dominio por título de compravenda da praza de garaxe nº 29, no andar a nivel das vivendas na zona posterior do edificio en Poio, nº 44 da avenida da Costa; ten unha superficie de 11 metros e 52 decímetros cadrados. Predio nº 16389 Rexistro da Propiedade número 2 de Pontevedra.

8.000,00

Non constan

8.000,00

7

Vehículo Peugeot 307. Bastidor VF33H9HZC84629623. Matrícula 4576FHC.

3.240,00

Non constan

3.240,00

50,00

8

Vivenda unifamiliar na rúa Antonio Casares Rodríguez nº 7. Ocupa unha superficie sobre o terreo de 129.5 metros cadrados; a superficie construída é de 222,89 metros cadrados en tres niveis. Forma parte do Conxunto Residencial Breogán.Referencia catastral 5458540NH4955N0004KO, é o predio 83.758 do Rexistro da Propiedade número 2 da Coruña.

197.476,10

84.738,00

112.738,10

100,00

9

Predio urbano sito en Castro Seixo, nº 13, municipio de Sobrado, provincia de A Coruña. Ref. catastral: 000901100NH86C0001EW. Nº de predio outorgado no Rexistro da Propiedade de Arzúa: 9734.

35.397,76

Non constan

35.397,76

100,00

10

Pleno dominio con carácter privativo por título de división material da praza de garaxe número 69, sita no andar de soto menos tres ou máis profundo, do edificio sinalado cos números 3 e 5 da rúa Doutor Fleming, número 2 da rúa Irmandades da Fala e número 42 da rúa Cruz Verde, no concello de Betanzos. De superficie 10,54 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Betanzos de número de predio 24424/16, tomo 1953, libro 340, folio 215, alta 1.

10.323,40

Non constan

10.323,40

100,00

11

Predio rústico, denominado Monte Salgueiro, sito no lugar de Muniferral, concello de Aranga, cunha superficie de 391 metros cadrados. Predio número 5057 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

3.219,80

Non constan

3.219,80

100,00

12

Predio rústico, denominado Barciela, sito no lugar de Figueroa, concello de Abegondo, cunha superficie de 11 áreas e 57 centiáreas. Predio número 23139 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

11.239,83

Non constan

11.239,83

100,00

13

Predio rústico, denominado Erminde, sito no lugar de Figueroa, concello de Abegondo, cunha superficie de 6 áreas e 77 centiáreas. Predio número 23144 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

6.576,80

Non constan

6.576,80

100,00

14

Predio rústico, denominado Barciela, sito no lugar de Figueroa, concello de Abegondo, cunha superficie de 15 áreas e 15 centiáreas. Predio número 23146 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

1.075,09

Non constan

1.075,09

100,00

15

Predio rústico, denominado Monte Salgueiro, sito no lugar de Muniferral, concello de Aranga, cunha superficie de 1.058 metros cadrados. Predio número 4971 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

1.006,19

Non constan

1.006,19

100,00

16

Predio rústico, denominado Prados da Rega, sito no lugar de Figueroa, concello de Abegondo, cunha superficie de 6 áreas e 68 centiáreas. Predio número 23017 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

570,03

Non constan

570,03

100,00

17

Predio rustico, denominado Erminde, sito no lugar de Figueroa, concello de Abegondo, cunha superficie de 6 áreas e 30 centiáreas. Predio número 23143 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

447,07

Non constan

447,07

100,00

18

Predio rústico, denominado Monte Salgueiro, sito no lugar de Muniferral, concello de Aranga, cunha superficie de 1.058 metros cadrados. Predio número 4971 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

371,85

Non constan

371,85

100,00

19

Predio rustico, denominado San Tomé, sito no lugar de Figueroa, concello de Abegondo, cunha superficie de 2 áreas e 34 centiáreas. Predio número 23145 do Rexistro da Propiedade de Betanzos.

166,05

Non constan

166,05

100,00

20

Pleno dominio con carácter privativo do rocho número 80 sito no andar de soto intermedio nun edificio na avenida Juan Luis Pía Martínez, s/n, no concello de Ortigueira. Da superficie útil de 7,32 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ortigueira de número de predio 34764, tomo 520, libro 245, folio 216, alta 1.

2.275,71

Non constan

2.275,71

100,00

21

25 % núa propiedade con carácter privativo predio urbana sita na estrada de Castela, nº 765, andar 1º, Narón (A Coruña) de superficie 150 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Narón de número de predio 40523, tomo 1880, libro 408, folio 111, alta 1.

8.846,69

Non constan

8.846,69

100,00

22

Pleno dominio de vivenda sita en andar primeiro do número 1 da praza de Cervantes de Santiago de Compostela, dunha superficie de 35 metros cadrados. Predio 36799 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela.

139.545,00

126.053,42

(*) carga conxunta lotes 22, 23 e 24

27.661,00

100,00

23

Pleno dominio de vivenda sita no andar segundo do número 1 da praza de Cervantes de Santiago de Compostela, dunha superficie de 35 metros cadrados. Predio 36801 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela.

135.607,00

126.053,42

(*) carga conxunta lotes 22, 23 e 24

9.553,58

100,00

24

Pleno dominio de vivenda sita no andar terceiro do número 1 da praza de Cervantes de Santiago de Compostela, dunha superficie de 35 metros cadrados. Predio 36803 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela.

131.670,00

126.053,42

(*) carga conxunta lotes 22, 23 e 24

5.616,18

100,00

25

Pleno dominio de local sito en andar baixo do número 1 da praza de Cervantes de Santiago de Compostela, dunha superficie de 35 metros cadrados. Predio 36797 do Rexistro da Propiedade número 1 de Santiago de Compostela.

98.187,00

Non constan

98.187,00

100,00

26

100 % do pleno dominio carácter privativo por título de compravenda do rocho nº 6 sito no andar de soto segundo, que forma parte do predio horizontal nº 1, sotos primeiro e segundo, da casa números 48 e 50 da rúa Orillamar, na cidade da Coruña. Mide a superficie útil de 4,38 m2. Predio 12605/6TS2 Rexistro da Propiedade número 4 da Coruña.

2.300,55

Non constan

2.300,55

100,00

27

12,50 % do pleno dominio da vivenda sita no lugar Chan Aldea nº 9, no concello de Sada. Superficie construída: 112 m2. Superficie do terreo: 834 m2. Predio catastral 9326803NJ5092N0001MF.

6.120,16

Non constan

6.120,16

100,00

28

Un terzo de pleno dominio con carácter privativo predio urbano sito na rúa Orzán, 8, planta baixa de superficie 98 metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade número 1 da Coruña de número de predio 65146, tomo 2010, libro 2010, folio 25, alta 11.

46.613,01

Non constan

46.613,01

100,00

29

Andar baixo comercial de 80,85 m2 no nº 1 da rúa Cardenal Cisneros no municipio de Narón, provincia da Coruña. Ref. catastral 4870001NJ6146N0001DP.

29.986,09

Non constan

29.986,09

100,00

30

Vivenda unifamiliar sita no lugar de Nebrixe, nº 2 do concello de Cambre, cuha superficie construída de 352 metros cadrados sobre un predio de 2.007 metros cadrados. Non consta a inscripción rexistral deste predio. Predio catastral 6617501NH5961N0001GM.

114.892,20

Non constan

114.892,20

100,00

31

Vehículo Volvo S 70.5 exclusive. Bastidor YV1LS61F2Y2668610. Matrícula 2710FPZ.

1.250,00

Non constan

1.250,00

50,00

32

50 % do pleno dominio do monte baixo ao lugar de Quenlles e Batán, parroquia de Rutis, concello de Culleredo, cunha superficie de 27 áreas. Predio 16530 do Rexistro da Propiedade número 3 da Coruña con referencia catastral 15031A012003680000OX.

3.998,81

10.599,00

3.998,81

100,00

33

50 % do pleno dominio do monte baixo ao lugar de Quenlles e Batán, parroquia de Rutis, concello de Culleredo, cunha superficie de unha hectárea, veinte áreas e noventa e nove centiáreas. Predio 9422 do Rexistro da Propiedade número 3 da Coruña.

27.876,03

10.599,00

17.277,03

100,00

34

Pleno dominio con carácter ganancial de predio urbano, de uso residencial, sita no lugar de Pazos, número 31, do concello de Ferrol, dunha superficie 339 metros cadrados. Referencia catastral 000705900NJ61E0001KY.

250.153,32

Non constan

250.153,32

100,00

35

1/2 do pleno dominio con carácter ganancial da casa composta de tres corpos e faiado na rúa Magdalena, número 130 e número 5 da rúa do Hospital. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol de número de finca 1654, tomo 1503, libro 562, folio 9, alta 9.

196.108,80

158.590,00

37.518,80

100,00

36

1/5 do pleno dominio con carácter privativo do piso terceiro letra A, dúplex, do edificio con entrada polo portal número 51 da rúa Juan Balas, hoxe Breogán, na cidade de Ferrol. Da superficie construída de 200 m2. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ferrol de número de predio 36278, tomo 1205, libro 408, folio 76, alta 3.

17.177,16

Non constan

17.177,16

100,00

37

Pleno dominio do predio urbano sito na rúa da Curuxa, nº 19, Santiago de Compostela, dunha superficie construída de 332 metros cadrados, sobre predio de 1.612 metros cadrados (referencia catastral 754506NH3476F0000FD). Referencia catastral 7545506NH3476F0001GF.

258.448,70

Non constan

258.448,70

100,00

38

Vehículo Ford Fiesta. Bastidor WF0GXXGAJG8L63816. Matrícula 6556GMW.

5.694,00

Non constan

5.694,00

50,00

39

Pleno dominio con carácter ganancial da vivenda unifamiliar en construción, no labradío Carraceda e Punta de Lama Má, no lugar do mesmo nome, parroquia de Loureda, concello de Arteixo, composta de andar baixo, cunha superficie total construída de 274,25 metros cadrados, incluído un garaxe e soportal e andar alto, cunha superficie total construída de 183,07 m2, incluída unha terraza. Ocupa a superficie total construída de 457,32 metros cadrados. Ten unido por todos os seus ventos o resto do terreo sen edificar. O conxunto forma un só predio de 23 áreas e 54 centiáreas, de superficie metros cadrados. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Arteixo de número de predio 38916, tomo 3441, libro 566, folio 37, alta 2.

282.939,30

247.073,00

35.866,30

100,00

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar o seguinte:

a) Están ao dispor dos interesados, na Zona de Recaudación da Coruña, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos cales haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non terán dereito a exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o cal se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos en que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria, para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos ditos bens ou dereitos.

e) A obriga de constituír ante a mesa de poxa, con anterioridade á súa realización, un depósito do 20 % do tipo de poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo de remate. O depósito deberá constituírse mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado; nese caso, a mesa de poxa substituirá os licitadores, poxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Despois de ter lugar a primera licitación, a mesa poderá acordar a celebración dunha segunda licitación, logo da deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo de poxa en primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, se quedasen bens sen adxudicar iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, e poderase presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo do mes seguinte ao do seu inicio, e poderá proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. No caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

A Coruña, 7 de setembro de 2015

Julián Benavides Delgado
Recadador da zona da Coruña