Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36619

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 31 de agosto de 2015, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifica trámite de audiencia como consecuencia dun recurso de alzada interposto contra o acordo de concentración parcelaria de Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Cesuras, A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditado á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, o interesado poderá comparecer nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas.

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2015

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente: trámite de audiencia.

Zona de concentración parcelaria: Filgueira de Barranca-Trasanquelos (Cesuras, A Coruña).

Interesada: María Concepción Salgado Rodríguez.