Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 30 de xuño de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución de arquivamento das solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente AC-2014/00468 e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o arquivamento das súas solicitudes de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia, por non ser posible a súa notificación por correo certificado. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Os expedientes relacionados atópanse á disposición dos interesados para que, se é o caso, poidan consultalos na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, ante o director xeral de Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Logo de transcorrer o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, a resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

A Coruña, 30 de xuño de 2015

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Nome e apelidos

NIF/Pasaporte

AC-2014/00468

Carlos Vázquez Díaz

Beatriz Pérez Grille

46906842K

32830283Z

AC-2014/00545

Iria López Caaveiro

Valdir Valadaris da Silva Filmo

79335881A

F5762655

AC-2014/00573

Fernando Casás Bustelo

Cintia Emonyon

47351206W

X5365476J

AC-2014/00600

Iván Mosteiro Refojo

Ana Luisa Valenzuela Corcino

78804326R

MD0453449