Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 19 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador en materia de espectáculos públicos (expediente AC-EP 121/2015).

Intentada a notificación ao titular do establecemento que se indica a seguir sen que se puidese practicar, resolvo notificar por este medio, ao abeiro do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, que se ditou resolución no expediente sancionador que se relaciona no anexo por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá. Así mesmo, a eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta notificación. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para todos os efectos regulamentarios.

Advírtase que, de non ser interposto este en tempo e forma, terá que aboar a multa imposta nos períodos de pagamento voluntario sinalados no boletín de multas e sancións que será facilitado no Servizo de Administración Local e Interior desta xefatura territorial, sito no Edificio Administrativo Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados no punto anterior exixiranse na vía de constrinximento.

A Coruña, 19 de agosto de 2015

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Denunciado

Enderezo

Establecemento

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Resolución

AC-EP 121/2015

Luose Explotaciones Hosteleras, S.L.

R/ Torreiro, 11, soto

15003 A Coruña

Casino Club

26.e) da

LO 1/1992

28 da

LO 1/1992

300,00 €