Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 28 de agosto de 2015 pola que se fai pública a declaración de deserto do contrato do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes desta consellería (expediente 36/2015).

Mediante Resolución do 25 de agosto de 2015, a Vicesecretaría Xeral da Consellería de Traballo e Benestar, actuando en nome e representación da Secretaría Xeral Técnica desta consellería, en virtude do artigo 7.1 do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro, publicado no Diario Oficial de Galicia do 6 de marzo, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG núm. 129, do 10 de xullo de 2015, para a contratación do servizo de vixilancia e seguridade nos edificios e instalacións dos centros prestadores de servizos sociais dependentes da Consellería de Traballo e Benestar, por non se presentar ningunha proposición para este procedemento de contratación.

Contra a Resolución do 25 de agosto de 2015, que agora se publica, poderá interporse o recurso especial en materia de contratación regulado no libro I, capítulo VI (Réxime especial de revisión de decisións en materia de contratación e medios alternativos de resolución de conflitos) do texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP), no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen que proceda a interposición de recursos administrativos ordinarios.

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2015

P.A. (Artigo 7.1 do Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
María Aránzazu Portabales Santomé
Vicesecretaria xeral da Consellería de Traballo e Benestar