Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 14 de setembro de 2015 Páx. 36595

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 18 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2015024AL-OU incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 6 de xullo de 2015, a xefa territorial da Consellería de Sanidade en Ourense ditou resolución do expediente sancionador 2015024AL-OU, incoado a Transportes Urgentes Raca-2, S.L. (CIF B-84670132), con enderezo na rúa Vicente Gaos, 3, portal 2-3-1 de Coslada (Madrid).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Transportes Urgentes Raca-2, S.L. (CIF B-84670132), o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste para interpor recurso de alzada, ante a conselleira de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no prazo de quince (15) días hábiles, mediante ingreso que debe efectuar en calquera oficina Abanca, e empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, quedando supeditada a eficacia desta notificación á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Ourense, 18 de agosto de 2015

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2015024AL-OU.

Interesada: Transportes Urgentes Raca-2, S.L.

DNI/NIF/CIF: B84670132.

Último enderezo coñecido: rúa Vicente Gaos, 3, portal 2-3-1 de Coslada (Madrid).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Regulamento (CE) nº 852/2004, do 29 de abril.

Tipificación: leve.

Sanción proposta: trescentos euros (300,00 €).