Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de agosto de 2015 polo que se notifican actos de trámite e resolucións ditadas en relación con recursos de alzada interpostos contra resolucións en materia de estradas, porque, tentadas as notificacións dos trámites ou resolucións, non se puideron efectuar (recurso AUT/9/15 e un máis).

As unidades dependentes da Dirección da Axencia Galega de Infraestruturas tramitan os recursos de alzada interpostos polas persoas que se indican contra as resolucións ditadas no seu día polos servizos de infraestruturas das actuais delegacións desta axencia nas provincias que tamén se sinalan, en materia de estradas de titularidade desta comunidade autónoma.

Ao proceder a notificación persoal dos actos de trámite ou resolucións destes recursos ás persoas recorrentes nos casos que se indican, non se puido efectuar, de maneira que, segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tendo en conta que en atención á protección de intereses lexítimos se publica soamente o contido mínimo do acto, emprázanse as persoas interesadas que se indican no anexo para seren notificadas por comparecencia dos actos cuxo contido se sinala. A comparecencia que poderán realizar deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado, na sede do Servizo de Xestión Xurídico-Administrativa da Axencia Galega de Infraestruturas, no Edificio Administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no servizo de infraestruturas da delegación da Axencia na provincia correspondente. Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no dito taboleiro de edictos único.

No caso de actos de trámite, unha vez cumprido o prazo e realizado o trámite sinalado, coa posibilidade de que a persoa interesada examine o expediente, tendo en conta que disporá dun prazo de dez días para formular alegacións, de ser o caso, continuarase coa tramitación do recurso como corresponda, ata que se dite a correspondente resolución. No caso de resolucións, que son definitivas na vía administrativa, pódese interpor recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da circunscrición da sede do órgano que ditou o acto orixinario, de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2015

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Recurso, provincia:

AUT/9/15, referencia bis Ñ/2014/001. Pontevedra.

Materia, estrada:

autorización sobre dominio público. Estrada PO-205.

Recorrente/interesado:

Ponteaventura (Marcos Miragaya Lama).

Último enderezo coñecido:

Vilaboa (Pontevedra).

Acto notificado:

trámite: requirimento de acreditación da representación/lexitimación.

Recurso, provincia:

REC/4/14, referencia bis 67/2014. Pontevedra.

Materia, estrada:

indemnización por danos causados á estrada. Estrada PO-551.

Recorrente/interesado:

José Bernárdez González.

Último enderezo coñecido:

Cangas (Pontevedra).

Acto notificado:

resolución desestimatoria.