Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2015, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para o fomento do consumo da conserva de produtos mariños entre os nenos e as nenas no ano 2015 (dous lotes) (expediente 04/2015).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para o fomento do consumo da conserva de produtos mariños entre os nenos e as nenas no ano 2015.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21622

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 229, do 28 de novembro de 2014.

e) División por lotes e número: si, dous.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e anticipada de gasto; aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 300.000 €; IVE (21 %): 63.000 €. Importe total: 363.000 €.

Valor estimado: 363.000 €. (A distribución por lotes, segundo a letra D da folla de especificacións).

5. Financiamento: cofinanciado pola Unión Europea, Fondo Europeo de Pesca (eixe/medida 3.4).

6. Adxudicación e formalización do contrato.

Lote 1: realización de obradoiros itinerantes para o fomento do consumo de conservas de produtos mariños entre os nenos e as nenas en campamentos xuvenís, centros escolares e actividades culturais.

a) Data da resolución de adxudicación: 28 de abril de 2015.

b) Adxudicataria: UTE Ludociencia 2002, S.L.U.-Servicios de Ocio Educativo, S.L.

c) Importe: 139.563,06 € (sen IVE), IVE 21 %: 29.308,24 €.

Importe total: 168.871,30 €.

d) Data de formalización do contrato: 4 de xuño de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, de acordo cos criterios de adxudicación do prego.

Lote 2: realización de excursións para o fomento do consumo da conserva de produtos mariños entre os nenos e as nenas.

a) Data da resolución de adxudicación: 6 de xullo de 2015.

b) Adxudicataria: UTE Ardora Formación y Servicios, Coop. Galega-Teixugo, Sociedade Cooperativa Galega.

c) Importe: 79.900 € (sen IVE), IVE 21 %: 16.779 €.

Importe total: 96.679 €.

d) Data de formalización do contrato: 3 de agosto de 2015.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou ser a oferta economicamente máis vantaxosa para a Administración, de acordo cos criterios de adxudicación do prego, logo da retirada da primeira oferta.

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2015

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar