Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 174 Venres, 11 de setembro de 2015 Páx. 36506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 25 de agosto de 2015, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador na orde social RL 2015/282-1 e nove máis.

Unha vez se intentou a notificación por correo certificado aos titulares das empresas citadas no anexo sen que esta fose posible, polo que, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP e PAC), se lles notifica, por medio desta cédula, a resolución ditada nos expedientes sancionadores correspondentes.

A notificación publícase preceptivamente no Boletín Oficial del Estado.

Dispoñen do prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para interpor recurso de alzada ante a directora xeral de Traballo e Economía Social, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nesta xefatura territorial, rúa Salvador de Madariaga 9, 1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas.

Advírteselles de que, de non interpor recurso no tempo e na forma, deberán aboar a sanción, utilizando necesariamente o documento de pagamento que poderán solicitar nesta xefatura territorial, nos seguintes prazos:

– Sancións notificadas antes do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 29 do mes seguinte ao da notificación.

– Sancións notificadas despois do día 15 de cada mes, aboaranse antes do 5 do segundo mes seguinte ao da notificación.

De non facelo así, procederase á exacción pola vía executiva, nos termos previstos na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

A Coruña, 25 de agosto de 2015

P.S. (Decreto 42/2013, do 21 de febreiro)
Manuel José Morán García
Xefe do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO

Expediente nº: RL 2015/282-1.

Acta inf. nº: I152015000026168.

Empresa: Transportes Logísticos Pocomaco, S.L.

NIF: B15853740.

Enderezo: Polígono Industrial Pocomaco, 38, 2E.

Materia: obstrución.

Normativa infrinxida: artigos 5.3 e 11.1 da Lei 42/1997, do 14 de novembro, ordenadora da inspección de traballo e Seguridade Social.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 6 de agosto de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle a Transportes Logísticos Pocomaco, S.L. unha sanción por importe de tres mil euros (3.000 €).

Expediente nº: RL 2015/193-1.

Acta inf. nº: I152015000013539.

Empresa: José Ramón Cotelo Velo.

NIF: 76326163L.

Enderezo: lugar Agara Allones, 19.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigos 12.5.h) e 35.5 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 10 de xullo de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle a José Ramón Cotelo Velo unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2015/95-1.

Acta inf. nº: I152015000166538.

Empresa: Apoyos Logísticos Atlántica, S.L.

NIF: B70043955.

Enderezo: rúa Cangas 1, 1º, esc. 1, porta B.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigos 12.5.h) e 35.5 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigo 7.5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 3 de xullo de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle a Apoyos Logísticos Atlántica, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2015/81-1.

Acta inf. nº: I152015000008485.

Empresa: Manuel Crego Buela.

NIF: 33235847L.

Enderezo: Os Trigais.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigo 16.2 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, e artigo 3 e seguintes do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de servizos de prevención.

Tipificación: artigo 12.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 7 de xullo de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle a Manuel Crego Buela unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

Expediente nº: RL 2015/82-1.

Acta inf. nº: I152015000008788.

Empresa: Ambulancias do Eume, S.L.

NIF: B15915606.

Enderezo: Cruceiros, 13.

Materia: relacións laborais.

Normativa infrinxida: artigos 4.2 e 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores.

Tipificación: artigo 7.10 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 7 de xullo de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle a Ambulancias do Eume, S.L. unha sanción por importe de seiscentos vinte e seis euros (626 €).

Expediente nº: RL 2015/111-1.

Acta inf. nº: I152015000002021.

Empresa: Álvaro Luis Triñanes Toba.

NIF: 79311269R.

Enderezo: rolda de Outeiro, 292, piso B, porta C.

Materia: obstrución.

Normativa infrinxida: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Tipificación: artigo 50.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 3 de xullo de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle a Álvaro Luis Triñanes Toba unha sanción por importe de mil cinco centos euros (1.500 €).

Expediente nº: RL 2015/58-1.

Acta inf. nº: I152015000001516.

Empresa: Cervecería Pistón, S.L.

NIF: B70281423.

Enderezo: rúa Gaiteira, 62 baixo, 15009 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 14 ao 19, ambos inclusive, e 22 e 23 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, en relación cos artigos 3, 4, 5, 8 e 16 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de servizos de prevención.

Tipificación: artigo 12.1 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 18 de xuño de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle a Cervecería Pistón, S.L. unha sanción por importe de dous mil corenta e seis euros (2.046 €).

Expediente nº: RL 2015/109-1.

Acta inf. nº: I152015000001718.

Empresa: Coloca 2009, S.L.U.

NIF: B70223094.

Enderezo: rúa José González Chas, 23, baixo, 15009 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 7, núms. 1 e 2, e artigo 19 do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde en obras de construción.

Tipificación: artigos 12.5 e 12.23.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 18 de xuño de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle a Coloca 2009, S.L.U. dúas sancións por importe de 2.046 euros cada unha, cun total de catro mil noventa e dous euros (4.092 €).

Expediente nº: RL 2015/110-1.

Acta inf. nº: I152015000001920.

Empresa: Álvaro Luis Triñanes Toba.

NIF: 79311269R.

Enderezo: rolda de Outeiro, 292, piso B, porta C, 15010 A Coruña.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores; artigo 14, núms. 1 ao 3, inclusive, e 15.1.b), 16.1, 16.2.a) e 22 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais; artigos 2.1, 2.3 e 10.1 do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de servizos de prevención, en relación co artigo 20, núms. 2 e 3, do V Convenio colectivo xeral do sector da construción (BOE do 15.3.2012) e artigo 45.1 do Convenio colectivo da construción da provincia da Coruña (BOP do 2.12.2013).

Tipificación: artigos 12.2 e 12.15.a) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 3 de xullo de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle a Álvaro Luis Triñanes Toba dúas sancións por importe de 3.500 euros cada unha, cun total de sete mil euros (7.000 €).

Expediente nº: RL 2015/263-1.

Acta inf. nº: I152015000030111.

Empresa: Diéguez y Dapena Forestal, S.L.

NIF: B70313549.

Enderezo: rúa Fiúncho, 2, 15100 Carballo.

Materia: seguridade e hixiene.

Normativa infrinxida: artigos 14, 16, 18.1, 19, 22, 30 e 31 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, sobre prevención de riscos laborais, e artigos 1 e 2, en relación co capítulo III, artigos 10 ao 16, do Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de servizos de prevención.

Tipificación: artigos 12.1.a), 12.8 e 12.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.

Data da resolución: 10 de agosto de 2015.

Resolución: confirmar a acta de infracción e imporlle a Diéguez y Dapena Forestal, S.L. tres sancións por importe de 5.000, 2.046 e 2.046 euros, cun total de nove mil noventa e dous euros (9.092 €).